Elisa e Marcela: Amigas e amantes

$28.55
by Narciso De Gabriel

Shop Now
Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano. Unha vez descuberto o «matrimonio sen home», foron obxecto dunha persecución que as obrigou a buscar refuxio, primeiro en Portugal e logo na Arxentina. Neste libro relátase a súa historia. En palabras do escritor Manuel Rivas, «temos un libro que é algo máis que un libro. Aquí está a novela de Elisa e Marcela que non foi quen de escribir dona Emilia Pardo Bazán». O autor ilumina dúas vidas unidas pola amizade e o amor, reconstrúe a actuación das autoridades académicas e xudiciais e analiza a repercusión pública dos feitos. Tamén achega novos datos sobre a andaina de Elisa e Marcela por terras arxentinas. Narciso de Gabriel é catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña e autor de diversas publicacións. Entre os seus libros figuran Escolantes e escolas de ferrado (Xerais, 2001, Premio María Barbeito, Losada Diéguez e da Crítica), Ler e escribir en Galicia. A alfabetización dos galegos e das galegas nos séculos XIX e XX (2006, Premio Concepción Arenal) e 25 anos de UDC. A Universidade na Coruña e Ferrol (2015). Na actualidade dirixe Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación.

Customer Reviews

No ratings. Be the first to rate

 customer ratings


How are ratings calculated?
To calculate the overall star rating and percentage breakdown by star, we don’t use a simple average. Instead, our system considers things like how recent a review is and if the reviewer bought the item on Amazon. It also analyzes reviews to verify trustworthiness.

Review This Product

Share your thoughts with other customers