En salvaxe compaña (Galician Edition)

$27.40
by Manuel Rivas

Shop Now
Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesquecibles imaxes poéticas, pero tamén en forma de refachos de vento e chuvia, de tormentas que desvelan perturbadores segredos e vidas conmovedoras. A señora do pazo, Misia, relata como os trescentos corvos que debuxan a paisaxe do ceo son os poetas-guerreiros do último rei de Galicia. Un sacerdote, Don Xil, explícalle a unha moza campesiña, Rosa, que as pinturas das fermosísimas mulleres que se descobren nas paredes da igrexa son retratos de pecadoras. Un rato, Matacáns, cazador furtivo na súa primeira vida, é atrapado por un gato que non é outro que o gaiteiro e anarquista Arturo de Lousame. Un morcego, Gaspar, relátalle o seu suicidio a un lagarto que vai en peregrinación a San Andrés de Teixido... Todo fala. Persoas, animais e paxaros recrean a identidade universal do sentimento. Viaxan do pasado ao presente e contra a adversidade. E as súas voces, feitas de humor e tenrura, tecen esta gran novela de Manuel Rivas, agora reeditada e revisada de forma definitiva polo autor. Manuel Rivas (A Coruña, 1957), escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de trinta linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicado: Todo ben (1985); «Un millón de vacas» (1989), Premio da Crítica Española; «Os comedores de patacas» (1991); «En salvaxe compaña» (1994), Premio da Crítica Galicia; «Que me queres, amor?» (1996), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; «Bala perdida» (1996); «O lapis do carpinteiro» (1998), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001); «Ela, maldita alma» (1999); «A man dos paíños» (2000); «As chamadas perdidas» (2002); «Contos de Nadal» (2003); «Os libros arden mal» (2006), novela, Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da Crítica, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; «Todo é silencio» (2010), «As voces baixas» (2012), «O último día de Terranova» (2015) e «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» (2018). «Tras do Ceo» (Xerais, 2024) é a primeira novela dunha serie histórica que Manuel Rivas vertebra sobre o eixe da caza do home polo home e a depredación da natureza. Tamén é autor dunha extensa obra xornalística e poética en lingua galega. É codirector da revista «Luzes». Foille concedido o Premio Nacional das Letras Españolas 2024.

Customer Reviews

No ratings. Be the first to rate

 customer ratings


How are ratings calculated?
To calculate the overall star rating and percentage breakdown by star, we don’t use a simple average. Instead, our system considers things like how recent a review is and if the reviewer bought the item on Amazon. It also analyzes reviews to verify trustworthiness.

Review This Product

Share your thoughts with other customers